Proxecto Capacitad@MENTE
Proxecto Capacitad@MENTE
Proxecto Capacitad@MENTE

Unha decena de persoas participan na segunda edición do proxecto Capacitad@MENTE

  • O programa, estruturado en dúas fases, arrancou o pasado mes de novembro
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Unha decena de persoas están a participar na segunda edición do Capacitad@MENTE. A iniciativa, liderada por Cegasal co apoio de Johnson & Johnson e a colaboración do centro especial de emprego de iniciativa social ERIT, está orientada á formación e integración laboral de persoas con trastorno mental.

Estruturado en dúas fases, o programa arrancou o pasado 19 de novembro cun primeiro ciclo dedicado á formación básica en competencias transversais e prelaborais. Nela inclúense módulos de inglés empresarial ou ofimática.

Como sinala Rebeca Olveira Sánchez, traballadora de Erit e formadora no programa Capacitad@MENTE: "Este curso non só ensina habilidades técnicas ou laborais, senón que tamén reforza competencias persoais como a comunicación, o traballo en equipo e a capacidade de adaptación. Permite aos participantes construír unha base sólida de coñecementos e experiencias que poden aplicar en diferentes contextos laborais. Ademais, fomenta unha rede de apoio e colaboración entre os participantes, creando un espazo de aprendizaxe inclusivo e motivador".

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar